Sunday 05 de May de 2024

Laxe prepárase para un fin de semana de maxia e actividades en familia


• O espectáculo “Galicia ilusiona con maxia” de Pedro Bugarín será este sábado ás 19:30 horas no Salón de Actos Culturais Municipal

• “Os xogos do Paporrubio” terán lugar o domingo, de 16 a 18:30 horas, no Pavillón Polideportivo Municipal

O Concello de Laxe prepáranse para unha fin de semana chea de maxia e actividades en familia, co espectáculo de ilusión de Pedro Bugarín e “Os xogos do Paporrubio”.

O show de Pedro Bugarín, “Galicia ilusiona con maxia”, que terá lugar o sábado ás 19:30 horas no Salón de Actos Culturais Municipal, está caracterizado por ser unha actuación emocionante, versátil e humorística, capaz de entreter a público de todas as idades. Trátase dun espectáculo interactivo, onde a maxia sucede a escasos centímetros dos espectadores.

Pola outra banda, “Os xogos do Paporrubio” é un compendio de actividades autónomas e animadas de temática agraria, que dan a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da fauna galega.

A pretensión é facerlle accesible aos pequenos, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar. Un espectáculo capaz de adaptarse ás necesidades e particularidades de cada evento, que seguro que entretén ás familias asistentes.

Poñerase a disposición das persoas asistentes os xogos de O Galiñeiro, A Casa do Rato, a Carreira das Tartarugas, Os Papamoscas, Os porquiños, A lonxa, O Cuspebólas e a Ruleta.

Será este domingo, de 16 a 18 30 horas, no Pavillón Polideportivo Municipal.

Desde o Goberno local animan a toda a veciñanza a gozar destas actividades en familia.